top of page

Richard Ireland - violin

 

Nado en Londres nunha dunha familia de músicos, Richard é un dos músicos de cámara ingleses máis salientábeis da súa xeración, actuando regularmente nas salas máis prestixiosas de Londres como Wigmore Hall, Southbank Centre ou Kings Place, e nas salas de cámara de referencia en Europa, da man de músicos de referencia internacional.

 

Richard é mestre de violín na Royal Academy of Music de Londres, sendo igualmente demandado tanto como mestre de violín como mestre de música de cámara. Regularmente imparte masterclasses nos principáis conservatorios, escolas especializadas e cursos de Inglaterra. Ademáis, é mestre invitado nas Chamber Music in Residence series en Snape Maltings, mestre da International Summer Academy of Chamber Music en Alemania e tamén da Académie Internationale de Musique de Francia. No pasado foi Artista en Residencia de Musica Mundi en Bélxica e principal mestre invitado da Netherlands String Quartet Academy.

 

Na súa etapa como estudante, Richard formóuse con Sheila Nelson e Yossi Zivoni e, posteriormente, con Eli Goren y Shmuel Ashkenasi, sendo ambos famosos pola súa gran labor como músicos de cuarteto de corda. Foi, durante tres anos, mestre asistente de Shmuel Ashkenasi nos EEUU. Posteriormente, de volta en Inglaterra, Richard foi mestre de violín durante trece anos no Royal Northern College of Music e mestre de música de cámera no Royal College of Music de Londres.

 

En 2010, Richard funda ChamberStudio en Kings Place (Londres), do cal é actualmente seu Director Artístico. A súa principal función é a de proporcionar apoio e aceso a masterclasses ao máis alto nivel a xoves grupos de música de cámera nos primeiros pasos das súas carreiras artísticas. En 2017 creou tamén Offstage en Snape Maltings, co cal organiza cursos para intérpretes de diferentes disciplinas.

 

En recoñecemento á súa gran labor coma mestre así como polo seu traballo en ChamberStudio, Richard foi galardoado no 2014 coa Cobbet Medal da Worshipful Company of Musicians. Anteriormente, os galardoados con dita distinción foron músicos tales coma Emanuel Hurwitz, Hugh Maguire, Pablo Casals, Yehudi Menuhin, Dame Myra Hess e Sir Edward Elgar en 1928. En marzo de 2017 fue recoñecido como Honorary Associateship of the Royal Academy of Music (Hon ARAM) pola súa especial aportación á institución.

bottom of page