top of page
Jonathan Brown.jpg

Jonathan Brown - Viola

Nado en Chicago en 1974, Jonathan Brown comezóu os seus estudos musicais ós catro anos e máis tarde comezóu a tocar a viola en varias agrupacións de música de cámara. Estudóu con Heidi Castleman, Martha Strongin Katz e Victoria Chiang, antes de rematar o seu diploma superior na Julliard School de Nova York con Karen Tuttle. Jonathan Brown continuóu os seus estudos na Universität Mozarteum de Salzburgo con Thomas Riebl e Veronika Hagen. Participóu en masterclases con Diemut Poppen, Sylvia Rosenberg e Donald Weilerstein e foi profundamente influido por Ferenc Rados e György Kurtag.

Dende o ano 2002, forma parte do Cuarteto Casals, co que toca nas salas máis importantes do mundo. O cuarteto grava exclusivamente para Harmonia Mundi, selo co que leva publicado unha extensa cantidade de repertorio dende Bocherini ata Kurtag. Por outro lado, Jonathan Brown ten sido invitado por outras agrupacións de cámara, como os cuartetos Tokyo, Kuss, Zemlinsky, Quiroga e Miró e o trío Kandinsky. Como intérprete comprometido coa música actual, Jonathan é membro fundador de Funktion e tocóu a menudo como solista coa BCN216, interpretando obras de Morton Feldman e Luciano Berio.

Jonathan é actualmente profesor de viola e música de cámara na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e profesor asistente da Escola Superior de Música Reina Sofía. Frecuentemente é invitado para dar masterclases en Europa e América.

bottom of page