top of page
Foto CV Lara.jpg

Lara Fernández Ponce - viola

Lara Fernández Ponce é a violista do Cosmos Quartet e desde 2018 profesora de viola e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA). Xunto ao seu cuarteto foi gañadora de numerosos premios en concursos internacionais como Irene Steels Heidelberg International Chamber Music Competition, o Premio BBVA de Música de Cámara Montserrat Alavedra, Joseph Joachim Chamber Music Competition in Weimar e Carl Nielsen International Chamber Music Competition en Copenhague. Os seus dous primeiros CDs “Influences I e II” recibiron excelentes críticas e gozan dunha exitosa carreira concertística. Actualmente son o grupo residente do Palau da Música Catalá. Nada en Soria, comeza os seus estudos de viola con profesores como Jensen Horn Sen Lam e Elena Pochekina en Madrid. Continúa no CSMA con Avri Levitan, Cuarteto Quiroga e Kennedy Moretti. Realiza os seus estudos de Máster na Hochschule fur Musik "Hanns-Eisler" de Berlín con Volker Sprenger e Eberhard Feltz e posteriormente un máster de música de cámara na Hochschule fur Musik de Hannover xunto aos seus compañeiros do Cosmos Quartet, co Prof. Oliver Wille (Kuss Quartet) cos que tamén formou parte parte do ECMA (European Chamber Music Academy) e do proxecto social internacional “Musethica”. Como solista tocou obras de Bach, Telemann, Bruch, Vivaldi e Bartók, entre outros. Toca unha viola de David Bagué (2019).

bottom of page