![](https://static.wixstatic.com/media/d6641b_6dd3d9b4cfb145828a438657a11961a6~mv2.jpg/v1/fill/w_902,h_902,al_c,q_85,enc_avif,quality_auto/d6641b_6dd3d9b4cfb145828a438657a11961a6~mv2.jpg)
![](https://static.wixstatic.com/media/d6641b_b91bf85aca174e7b8f1da0d8b10f449a~mv2.jpg/v1/fill/w_254,h_254,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/d6641b_b91bf85aca174e7b8f1da0d8b10f449a~mv2.jpg)
András Kemenes - Piano
András Kemenes comezou os seus estudos de piano ós seis anos de idade. Máis tarde, accedeu á Academia de Música Liszt Ferenc de Budapest na que estudou con Pál Kadosa, Ferenc Rados e György Kurtág, rematando os seus estudos no ano 1982. Posteriormente, continuou estudando como alumno de piano no Conservatorio Tchaikovsky de Moscú e en Dresden co mestre Amadeus Webersinke. Despóis de rematar os seus estudos, desenvolveu unha intensa actividade docente no Instituto Kodály de Kecskemét entre os anos 1984 e 1991. Na actualidade, András Kemenes compaxina a súa actividade como mestre de piano na Academia de Música Liszt Ferenc de Budapest coa súa carreira como concertista, carreira que o levou a actuar, tanto de solista como integrante do dúo que ten co tamén pianista húngaro Gábor Csalog, nas principáis salas de concertos de Hungría.