O CURSO
Airas Nunes Aula de Cámara é un curso de música que combina a especialidade de música de cámara coas de solista de piano, viola e violonchelo. A modalidade de cámara está aberta a grupos de cámara de calquer agrupación instrumental e tamaño. O curso está deseñado de cara a estudantes de posgrao/máster, grao superior e alumnos aventaxados dos últimos cursos de grao medio, se ben para estes últimos será preciso o envío dunha breve gravación coa matrícula.
Os grupos de cámara reciben 4 ou 2 clases con catro profesores da súa elección. Cada clase ten unha duración de 1 hora e cuarto.
Para os alumnos solistas existen tres opcións de matrícula:
Completa: 4 clases de 1 hora, con profesor(es) a elixir polo/a alumno/a.
Combinada: 3 clases individuáis de 1 hora, con profesor(es) a elixir polo/a alumno/a + 1 clase de música de cámara de 1 hora.
Parcial: 2 clases de 1 hora, con profesor(es) a elixir polo/a alumno/a.
Os alumnos poderán contar con de aulas de estudo e ensaio, tanto pola mañán coma pola tarde, na Escola de Altos Estudos Musicais. As clases terán lugar en horario de mañán, de luns a venres.
O curso ofrece a posibilidade de apuntarse para almorzar de luns a venres xunto con profesores, organizadores e alumnos. Esta opción, escollida pola maioría do alumnado dos cursos pasados, é unha boa oportunidade para socializar despóis das clases.
O curso tamén oferta hospedaxe de calidade a un prezo moi competitivo na Residencia Burgo das Nacións.
IMPORTANTE:
- Airas Nunes Aula de Cámara non dispón de monitores ou persoal especializado no cuidado de alumnos menores de idade. Por mor desta razón, os estudantes menores de idade soamente poderán participar previa presentación dunha autorización ou documento de responsabilidade asinado por un tutor legal.
- Airas Nunes Aula de Cámara resérvase o dereito de tomar fotografías e vídeos das distintas actividades do curso para o seu posterior uso promocional.
ESCOLA DE ALTOS ESTUDOS MUSICAIS
En pasadas edicións, as clases maxistráis desenvolvéronse na Escola de Altos Estudos Musicáis de Santiago de Compostela. Este centro é un edificio moderno e completamente equipado con tódalas necesidades que permitirán ós alumnos levar a cabo o seu traballo acorde co máximo nivel: aulas de estudo, aulas especialmente deseñadas para ensaios de cámara, pianos de cola, etc.
SEDE DA SGAE
A colaboración coa Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) permite desfrutar dunha das salas da súa sede de Vista Alegre. Equipada con piano de cola, a sede da SGAE acollerá clases maxistrais e conferencias-concerto.
HOSPEDAXE E ALMORZO
A Aula de cámara Airas Nunes ofrece hospedaxe para o seu alumnado na Residencia Universitaria “Burgo das Nacións”. Esta residencia conta con habitacións individuáis con baño privado a un prezo económico. A residencia está ubicada a carón da Escola de Altos Estudos Musicais, e preto do conservatorio, onde teñen lugar as clases, e do Paraninfo da Universidade, onde se celebran os concertos.
O curso tamén ofrece a posibilidade de apuntarse para os almorzos, de luns a sábado. Éstas terán lugar nun restaurante cercano á Escola onde haberá un buffet libre con opción vexetariana.