top of page

MATRÍCULA:

​

O período de matriculación remata o 1 DE MAIO DE 2026 para todas as especialidades e modalidades.

 

Na especialidade de piano, o alumnado candidato deberá presentar unha gravación de vídeo que inclúa dúas obras ou movementos contrastantes, un deles preferiblemente en estilo clásico. O profesorado de piano fará a selección do alumnado participante, que se comunicará á maior brevidade.​

​

A clase do profesor Claudio Martínez Mehner ten unha gran demanda, polo que a oferta de clases con él estará limitada a 2 por alumno/a.​

​

Para formalizar a inscrición deberase enviar o boletín de inscrición debidamente cumprimentado xunto cunha breve biografía e foto á seguinte dirección de correo electrónico:

 

camara.airasnunes@gmail.com

​

Os boletíns de inscrición están a disposición na parte inferior desta páxina.

​

Os grupos ou solistas de calqueira especialidade que aínda non remataran os estudos de Grao Profesional deberán enviar unha gravación breve e recente para acreditar o seu nivel.​

​

​

MODALIDADE DE GRUPO DE CÁMARA:  ENLACE AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN (CÁMARA)

​

Completa: 300€ por grupo + 60€ por membro

​

Cada grupo recibe un total de 4 clases de cámara de 75 minutos cada unha (un total de 5 horas de clase).

​

Parcial: 150€ por grupo + 60€ por membro

​

Cada grupo recibe un total de 2 clases de cámara de 75 minutos cada unha (un total de 2.5 horas de clase).

​

A matrícula por membro representa o acceso a título individual dos membros dun grupo de cámara ás actividades e servizos do curso, como a asistencia como oínte a outras clases, ou a asistencia a conferencias-concerto. Por isto, os membros dun grupo de cámara que estean inscritos tamén como solistas non terían que abonar os 60€ por persoa da matrícula de cámara.

​

BOLSAS: Existen 3 bolsas de matrícula a disposición dos grupos de cámara. Estas bolsas descontan a matrícula de grupo, pero non a matrícula individual de 60€ por persoa. Para aspirar a unha destas bolsas, o grupo interesado deberá enviar unha gravación recente en vídeo mediante link (youtube, vimeo, drive, etc.) cunha duración mínima de 15 minutos.

​

​

MODALIDADE DE SOLISTA:  ENLACE AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN (SOLISTA)​

​

Existen 3 modalidades de matrícula:

​

Completa: 360€

​

4 clases de 1 hora de duración.

​

Combinada: 310€

​

3 clases individuais + 1 clase de cámara, todas de 1 hora de duración.

​

Parcial: 200€

​

2 clases de 1 hora de duración.

​

* No caso de gran demanda, a organización resérvase o dereito de redistribuír ós alumnos ou facer unha preselección mediante CV ou vídeo.

​

​

MODALIDADE DE OÍNTE: inscricións como oínte a través de correo electrónico (sen data límite).

​

Curso completo: 50€

​

Un día: 20€

​

​

​

HOSPEDAXE (opcional):

​

30€ (IVE incluído) por noite en cuarto individual con baño privado.

bottom of page