André Cebrián Garea - Frauta

 

Natural de Santiago de Compostela, realiza os seus estudos na súa cidade natal e nos conservatorios de Salamanca, Detmold e Xenebra cos profesores Luis Soto, Laurent Blaiteau, Pablo Sagredo, János Bálint e Jacques Zoon.

É invitado regularmete como solista de frauta pola Orquestra Sinfónica de Castela e León e a Orquestra do Gran Teatro do Liceu; asimesmo colabora coa Orquestra Sinfónica Cidade de Barcelona e Nacional de Cataluña (OBC), a Spira Mirabilis, a Orquestra Sinfónica de Tenerife, a Orquestra de Cadaqués, a Orchestra Leonore de Pistoia, a Orchestra Mozart, a Staatskapelle Dresden, a Nacional do Porto, a Filarmónica de Gran Canaria, a Real Filharmonía de Galicia ou a Sinfónica de Galicia. Foi membro da Gustav Mahler Jugendorchester durante cinco anos así como da JONDE, da Britten-Pears Orchestra ou da OJSG.

Tocou baixo a batuta de directores como David Afkham, Lionel Bringuier, Antonio Pappano, Gianandrea Noseda, Sir Colin Davis, Hebert Blomstedt, Vladimir Jurowski, Vasily Petrenko, Daniele Gatti ou Franz Wesler-Möst.

Na música de cámara traballou con artistas da talla de Radovan Vlatkovic, Klaus Thunemann, Hansjörg Schellenberger, Eduard Brunner, Jacques Zoon, Maurice Bourgue, András Schiff ou Karl-Heinz Steffens. Asimesmo é membro fundador do Natalia Ensemble e realiza unha importante actividade concertística co Dúo Finisterrae e co guitarrista Pedro Mateo González.

Tocou como solista xunto a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Castela e León, a Orquestra Gaos, a Orquestra da Academia de Música de Cracovia, a Orquestra Sinfónica de Zabrze ou a Orquestra de Cámara Gallega. Foi premiado en concursos en España, Portugal e Polonia.

Impartiu cursos e masterclasses en diferentes escolas, conservatorios e orquestras tales como os Conservatorios de Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife, Ferrol, San Javier (Murcia) ou Huesca, a Academia Nacional de Música de Estonia, a JONDE, a Orquestra Xoven de Andalucía, a Xoven Orquesta da Generalitat Valenciana, a Xoven Orquestra de Córdoba, a Orquestra Sinfónica de Ávila, as orquestras das Universidades de Santiago de Compostela e Pamplona ou a OSIM e a OECCh en México.

Desde 2013 é Profesor de Frauta e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Aragón.

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram