top of page
claudio-martinez-mehner.jpg

Claudio Martínez Mehner - Piano

 

Naceu en Bremen (Alemaña) en 1970. Comezou a súa formación musical no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid xunto aos profesores Amparo Fuster, Pedro Lerma e Joaquín Soriano, compaxinando os seus estudos coas súas actividades como violista na Joven Orquesta Nacional de España, e  violinista e clavecinista na orquestra de cámara da Escola Alemá de Madrid.  Completou os seus estudos no Conservatorio Tchaikovsky de Moscova, na Escola de Música Reina Sofía de Madrid, na Hochschule für Musik Freiburg, en Alemaña, na "Fondazione per il Pianoforte" de Como, en Italia, e no "Peabody Conservatory"  de Baltimore, na que estudou principalmente con Dmitri Bashkirov, Vitalij Margulis e Leon Fleisher.  Asistiu a clases maxistrais de Murray Perahia, Fou Ts´ong, Dietrich Fischer-Dieskau e Mstislav Rostropovich.  Ademais, leva varios anos recibindo clases do profesor Ferenc Rados.  Foi finalista no Concurso Internacional de Piano de Santander e gañou primeiros premios nos concursos internacionais "Fundación Chimay" en Bélxica, "Pilar Bayona" en Zaragoza e "Dino Ciani" en Milán.  En 1992, recibiu das máns da Raína Dona Sofía o Diploma ó Alumno máis Sobresaínte da súa Cátedra. A súa actividade en solitario levouno a actuar en toda Europa, Estados Unidos, Rusia, América Central, Corea e Xapón con orquestras como a Filarmónica de Múnic, Moscova, Praga e o Teatro alla Scala Scottish, Scottish Chamber Orchestra, Radio Svizzera Italiana, Norddeutsche Rundfunk e a maioría das orquestras españolas.  Foi profesor axudante na Escola de Música Reina Sofía de Madrid xunto a Dmitri Bashkirov.  Ademais, foi profesor interino nos conservatorios de Salamanca e Aragón e na Escola Katarina Gurska.  Actualmente é profesor nas Escolas Superiores de Música de Basilea e Colonia.  Tamén imparte cursos en toda a xeografía nacional, en Europa, Asia e Estados Unidos.

bottom of page