top of page
ericawise2.jpg

Erica Wise - Violonchelo

Erica Wise comezóu os seus estudos musicais á idade de cinco anos e empezóu a tocar o chelo con nove anos, cando vivía en Göttingen, Alemaña. Graduóuse no Peabody Institute of John Hopkins University de Baltimore, estudando con Ronald Thomas. No conservatorio de New England rematóu un posgrao cos mestres Collin Carr, Larry Lesser e Garry Hoffman. Grazas a unha bolsa concedida pola Fondation des Etats-Units Harriet Hale Woolley, estudou violonchelo barroco en París con David Simpson.

Erica Wise é membro fundadora do Dalia Quartet e Funktion. Ten colaborado cos cuartetos Henschel e Quiroga, membros do Cuarteto Casals, Anthony Marwood e Antje Weithaas. Durante os últimos anos foi invitada ós festivais de IMS Prussia Cove, Aspen, Kneisel Hall, Tanglewood e Yellow Barn, e realizóu varias xiras coa New World Symphony e a Baltimore Symphony Orchestra, tocando como chelista solista baixo a batuta dos directores Michael Tilson Thomas e Seiji Ozawa.

Firme valedora da música escrita no noso tempo, fixo a estrea de obras tanto a nivel nacional coma internacional, ben como solista ou como membro de Funktion, de compositores como Yuval Gotlibovich, Damien Luna, Joan Magrané, Octavi Rumbau, Tristan Perich, Jakob Kirkegaard ou Hanne Darboven.

Erica Wise é profesora de violonchelo e música de cámara no Conservatori Superior de Música del Liceu, Barcelona.

bottom of page