top of page

Xavier Gagnepain - Violonchelo

 

Notable pola súa enorme curiosidade, Xavier Gagnepain persegue a súa paixón pola música en múltiples direccións. Pupilo de Maurice Gendron, galardoado en concursos internacionáis (Múnich e Sao Paulo), desenvolve unha carreira tanto solista coma camerística como membro do Cuarteto Rosamonde. Ten sido invitado como solista por grandes orquestras europeas entre as que se contan a London Symphony Orchestra e os Solistas de Moscova. A súa clase de violonchelo no Conservatorio de Boulogne-Billancourt desfruta dunha magnífica reputación. Ademáis da súa actividade como instrumentista, adica agora unha crecente parcela do seu tempo á dirección de orquestra. No seu papel de maestro incansable do repertorio menos coñecido, non dubida en ofrecer regularmente estreas de música contemporánea. O seu libro "Du musicien en général...au violoncelliste en particulier", encargo da Cité de la Musique, obtivo un grande éxito. No seu último CD, presentado por Zigzag no 2007, Xavier preséntanos a obra completa para violonchelo de Grabriel Fauré.

bottom of page